Páxinas

domingo, 15 de marzo de 2015

GUIÓN


Esta sesión leva por título GUIÓN 
porque dentro do proxecto de formación 
será o momento no que empecemos a traballar co texto, 
co currículo, coas competencias, cos estándares...


ESQUEMA DA SESIÓN



PLANTILLA PARA FACER O PRIMEIRO BOCETO  DA TAREFA


PLANTILLA PARA DESEÑAR A TAREFA COMPLETA

Por último, preséntase a plantilla para a deseño da vosa tarefa, 
que será posta en práctica na aula no mes de MAIO.

Temos de prazo ata o día 19 de marzo para realizar o deseño da tarefa.


Para descargar as plantillas premedes en cada imaxe 
e despois dende Archivo escolledes o formato de descarga que prefirades.

domingo, 25 de enero de 2015

BASTIDORES


Esta é unha sesión de grande importancia, nela compartiremos dúbidas e accións, 
ideas e desacougos.
Falaremos de qué foi ben, qué non foi tan ben e por qué.
Qué fixemos para solucionar algo que apareceu de repente e tamén as nosas impresións.

Deixamos aquí o documento que cada mestre/a debe cubrir individualmente e entregar á persoa coordinadora antes da sesión.

Preme no enlace e vai á pestana archivo, 
dende alí accede a "Descargar como" e escolle o formato que desexes.




viernes, 16 de enero de 2015

ENSAIO


Esta sesión chámase ENSAIO porque é onde imos facer 
as nosas primeiras probas coas tabletas na aula.

Os mestres e mestras, coas decisións oportunas tomadas previamente 
poñen en práctica na aula a actividade deseñada utilizando 
unha das aplicacións seleccionadas na sesión CAMERINO 

Para elo teñen todo o mes de xanerio durante o cal organizarán 
o calendario de uso do dispositivo e outras necesidades que xurdan.