Páxinas

martes, 9 de diciembre de 2014

Bambalinas



Tal e como quedamos, cada un e cada unha de vós debe escoller unha destas aplicacións
 e deseñar unha actividade de aula con ela.

Esta sesión de traballo individual leva o nome de BAMBALINAS 
porque configura o traballo previo á posta en práctica das decisións e prácticas realizadas ata agora.

Para axudarvos no deseño da actividade, deixámosvos este documento, 
que debedes de copiar e traballar sobre él para o deseño da mesma.

Para facervos cunha copia podedes premer en Archivo, 
"crear unha copia" ou "descargar como" no formato que prefirades.

Unha vez cuberto darédesllo á persoa coordinadora do voso grupo
 para que nos faga chegar todas as vosas propostas 
antes que acabe o mes de xaneiro.





Camerino



Nesta sesión traballaremos por grupos e con tabletas.
Cada grupo realizará unha actividade diferentes cunha aplicación diferente.
Rematadas as creacións serán publicadas no blogue do proxecto e postas en común.
Tamén se incorporarán outras ideas de uso para cada aplicación.


Esta sesión ten o nome de CAMERINO 
porque mostra a parte de interna da posta en práctica de actividades,
onde se analizan os recursos, se toman decisións, se fan probas de cómo queda esto...

Para ela, dende a asesoría TIC do CFR de Vigo 
fixemos unha selección de aplicacións 
basándonos en criterios de accesibilidade, linguaxes máis alá do texto e creatividade.

Premendo na imaxe tedes información e enlaces a cada unha delas:




Reparto



En gran grupo ou por pequenos grupos realizamos a presentación e tamén a do noso obxectivo ou espectativas ante a formación que imos realizar

Escenario


Como primeira sesión e pistoletazo de saída contamos coa presenza de Manel Rives e Susana Lamela quen compartirán con nós as súas impresións, experiencias e opinións sobre tecnoloxía e metodoloxía.


Plan de traballo






Plantexamos o plan de traballo da seguinte maneira: