Tal e como quedamos, cada un e cada unha de vós debe escoller unha destas aplicacións
e deseñar unha actividade de aula con ela.
Esta sesión de traballo individual leva o nome de BAMBALINAS
porque configura o traballo previo á posta en práctica das decisións e prácticas realizadas ata agora.
Para axudarvos no deseño da actividade, deixámosvos este documento,
que debedes de copiar e traballar sobre él para o deseño da mesma.
Para facervos cunha copia podedes premer en Archivo,
"crear unha copia" ou "descargar como" no formato que prefirades.
Unha vez cuberto darédesllo á persoa coordinadora do voso grupo
para que nos faga chegar todas as vosas propostas
antes que acabe o mes de xaneiro.






